O Consello da Xunta autorizou prorrogar o convenio de colaboración con doce concellos da área de Vigo para o desenvolvemento conxunto do Plan de transporte metropolitano de Galicia nesta zona que ofrece “descontos de ata o 80% nos billetes interurbanos e inclúe transbordos gratis”. O obxectivo da prórroga do convenio de colaboración aprobada hoxe é garantir a continuidade deste plan social en condicións similares ás que se aplican desde a súa posta en marcha en marzo de 2015. Nesta liña, Rueda resaltou que na actualidade “son máis de 80.000 veciños da área de Vigo” os que se benefician dos descontos deste Plan que lles permiten aforrar “ata 1.000 euros ao ano”.
O presidente Rueda fixo fincapé no feito de que entre os 12 concellos que conforman este área de transporte, na cal non está incluído o Concello de Vigo pola súa negativa a integrarse. Isto implica que un veciño dalgún dos municipios incluídos no Plan que vaia a traballar a diario a Vigo teñen que pagar o billete do autobús urbano da cidade. Isto non ocorre noutras cidades galegas, onde os usuarios desfrutan do transbordo gratuíto co autobús urbano que financia a Xunta, ao estar incorporado ese transporte urbano ao Plan de transporte metropolitano. Isto impide desfrutar de maiores bonificacións aos usuarios que si disfrutan os viaxeiros das outras áreas de transporte metropolitano como A Coruña ou Lugo.