Autorizada a vacina de Novavax, que se fabrica no Porriño

1 minutes read

A Comisión de Saúde Publica aprobou na tarde deste martes a vacina Novaxovid (Novavax), que se fabrica no Porriño. Recomendan esta vacina para persoas que aínda non estean inmunizadas ou que non completaran a pauta por alerxias a algún compoñente das outras vacinas autorizadas. Tamén se aprobou o documento de Recomendacións para seleccionar as persoas candidatas a recibir o medicamento Evusheld para a prevención da Covid-19. Segundo a Comisión, serán «persoas de 18 anos ou máis con inmunosupresión grave que non respondan á vacinación e aquelas que a teñan contraindicada e que, ademais, teñen moi alto risco de enfermidade grave tras a infección por SARS-CoV-2».