Autorizada a venda de catro parcelas nos polígonos de Cee e Vimianzo

1 minutes read

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou na reunión do consello de administración de Solo Empresarial do Atlántico (SEA) na que se autorizou a venda de varias parcelas nos polígonos industriais de Cee e Vimianzo. Deste xeito, SEA aprobou a venda de 3 parcelas no parque empresarial de Cee por preto de 390.000 euros. No que atinxe ao parque empresarial de Vimianzo, ademais da autorización de venda dunha parcela por máis de 56.000 euros, tamén se aprobou a concesión en dereito de superficie con dereito a compra doutros 4 solares. Neste caso o adxudicatario aboará un canon anual de algo máis de 1.000 o primeiro e segundo ano; de ao redor de 1.700, nos dous seguintes, e de preto de 2.400, o resto de exercicios ata acadar os 30 anos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?