Auxiliado tras caer nun cantíl da Ruta dos Faros en Ponteceso

1 minutes read

Por fortuna, a rápida intervención dos servizos de emerxencias e doutros sendeiristas que se atopaban no lugar impediu que o home continuase descendendo polo desnivel.

Todo comezou pouco antes das once da mañá deste luns cando varias persoas chamaron ao 112 Galicia para solicitar o rescate dun home que caera por un acantilado preto da Praia da Barda. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activou un operativo formado por un equipo médicos e efectivos da Policía Local e do GES da localidade.

Tamén foron informados os Bombeiros de Carballo, pero a axuda doutros sendeiristas, axentes da Policía Local e profesionais sanitarios fixo innecesaria a súa intervención ao pórse a salvo o afectado. Con todo, foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ata o centro de saúde para ser atendido dalgunhas mazaduras.