35
Os Orzamentos Xerais do Estado do Goberno pasaron o seu primeiro exame no Congreso dos Deputados, onde se tombaron as sete emendas á totalidade que se presentaron. O apoio de ERC e o PNV, con quen o Executivo chegou a senllos acordos ‘in extremis’ a semana pasada, foi fundamental para dar aire ao Goberno, pero ambas as formacións e tamén EH Bildu alertaron ao Executivo de que o seu apoio non é un “cheque en branco” e chamaron a seguir negociando para a aprobación definitiva das contas.