Avanzan as obras no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude 

1 minutes read

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, coñeceu os avances rexistrados nas obras da primeira fase de mellora e ampliación do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude, situado no lugar de Quián e que está adscrito á Consellería.

O titular de Medio Rural salientou que as actuacións, que progresan a bo ritmo, permitirán poñer en funcionamento no vindeiro curso escolar a parte dedicada a comedor e cociñas, así como a residencia para os estudantes. Ao mesmo tempo, engadiu, estanse renovando as antigas instalacións e puxo en valor que tanto esa parte coma o novo edificio incorporarán unha fachada ventilada en madeira, dentro da aposta da Xunta por ese material renovable.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?