Axentes da Policía Local de Carballo participan nun curso de “Detección de drogas na condución”

Policía local Carballo

Organizado polo departamento que dirixe Juan Seoane, está pensado para facilitar aos policías os coñecementos necesarios para poder detectar nos condutores de vehículos aqueles signos xenéricos e específicos que informan dunha posible incorporación de drogas ao seu organismo, e dos seus efectos.

As sesións formativas son impartidas por Manuel López-Rivadulla Lamas, catedrático de Toxicología da Universidade de Santiago de Compostela e responsable do Instituto Universitario de Ciencias Forenses “Luis Concheiro”; José Antonio Chao Cabana, inspector-xefe da Policía Local de Ferrol e profesor-colaborador da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), e José M. Rico Rodríguez, inspector principal da Policía Local da Coruña-xefe da Unidade de Tráfico, e profesor-colaborador da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).