Encontro correspondente á Xornada 26 da Segunda RFEF celebrado este sábado no Municipal Espiñedo. O Arenteiro recibía a visita do Bergantiños nun inmellorable momento de xogo e resultados para o equipo carballés nas últimas xornadas. Pero o equipo local tamén está de sorte, viña de gañar dous partidos seguidos e neste derbi todo podía suceder. O gran momento do Bergantiños truncouse no minuto 16 cun temperán gol de Marquitos de cabeza a centro de Moaña. Lemos moveu o banco debuxando diferentes liñas de xogo e na segunda parte mantivo acurralado ao Arenteiro, pero non foi quen de perforar a súa portería. Carballiño contra Carballo e os tres puntos quedaron en Ourense. Borrón e conta nova para o Bergantiños, que xa pensa no seu próximo rival, o Marino de Luanco, sábado 26 ás 17:00 horas en As Eiroas.
40