Axústase o uso da mascarilla e limítase a súa obrigatoriedade aos servizos de Urxencias

1 minutes read

A partir deste martes, día 30, o uso xeral da máscara deixará de ser obrigatorio nos centros sanitarios, limitando o seu uso aos servizos de urxencias, aos PACs e aos servizos nos que haxa pacientes inmunodeprimidos. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Tal e como recolle o último informe da vixilancia da gripe en Galicia referido á semana que rematou o 21 de xaneiro, e que periodicamente elaboran os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o nivel de intensidade desta patoloxía é baixo, destacando que a taxa de consulta en atención primaria no conxunto de Galicia diminuíu un 47% respecto da semana anterior. Este descenso observouse nas catro provincias galegas.

O informe dos expertos de Saúde Pública tamén reflicte que a taxa de consulta diminuíu en todos os grupos de idade.

Polo que atinxe á positividade das mostras estudadas, situose ao redor do 10%, o que supón un claro descenso respecto da semana anterior, que era do 20,1%.

Neste último informe sinálase que, na semana que rematou o 21 de xaneiro, notificouse o ingreso de 103 persoas por gripe, o que representa un 63% menos que a semana previa.

No que vai de temporada de gripe, notificáronse 3.071 ingresos, e deles un total de 161 estiveron na UCI.

Respecto da covid, o número de casos activos é de 508, dos que 7 están na UCI e 113 en unidades de hospitalización.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?