19
O mediocentro Roberto Baleato (Val do Dubra, 1990) regresa ao equipo carballés procedente do FC Clivense que milita na 4° División italiana. Nas tres tempadas anteriores estivo na SD Compostela. Gran coñecedor do Bergantiños no que militou dúas campañas (17/18, 18/19) de forma brillante e agora volve para lograr o obxectivo.
Pedrosa tamén renova o seu compromiso co club
Dani Pedrosa, que recalou no club a pasada temporada, continuará unha tempada máis no Bergan. “Creo que estamos a facer un proxecto gañador e para min é un reto moi bonito e ilusionante devolver ao equipo a 2° RFEF” indicaba o xogador.