Balonmán | Empate a 20 tantos entre o Calvo Xiria e o Lanzarote

1 minutes read

O Calvo Xiria cultivou un empate, que case sabe a vitoria, este sábado no Vila de Noia ante o segundo clasificado da categoría, o Gourmet Ampate Lanzarote. Desta forma o equipo carballés, que dirixe Adrián Dubra, logrou sumar un punto máis na súa conta particular, manténdose de momento cinco por arriba do conxunto canario e co golaveraxe a favor. O Lanzarote foi marcando ritmo superior no marcador case todo o encontro, pero o Xiria tampouco se durmía e ao descanso tamén chegaron igualados 11-11. Arrincou con vantaxe o equipo carballés tras a continuación, pero a partir do minuto 20 os canarios volveron pegar ao seu mellor xogo e resultado chegando a un emocionante final, con posesión visitante incluída, e un resultado en táboas de 20-20. Destacaron e moito os bloqueos de Iago baixo paus e a definición de Chimpo unha xornada máis.