Encontro moi igualado nos primeiros minutos de xogo no Lalín Arena en partido disputado entre o Disiclín Balonmán Lalín e o Calvo Xiria. O conxunto local comezou a despegarse no marcador a partir dos dez primeiros minutos de xogo, chegando a coller unha vantaxe de tres, catro e ata cinco goles, marxe co que se chegaría ao descanso, 19-14. Ao inicio da segunda metade o Calvo Xiria non era quen de cortar a penetración do equipo local que a partir do minuto 50 se convertiría nunha auténtica sangría. Os carballeses empezaron a baixar os brazos e no 55 aliñaron só aos xuvenís, o que fixo que o Disiclín fósese de 11 goles de forma definitiva.O Calvo Xiria colleitaba así a maior derrota en moito tempo ante un gran rival, 37-26. Pola outra parte, o Disiclín Balonmán Lalín xogará unha fase de ascenso 16 anos despois.
24