Baltar agárrase a un ferro quente para manter a Deputación de Ourense

1 minutes read

En Ourense Manuel Baltar amósase partidario de negociar con todas as forzas políticas para manter a Deputación. Ao tempo critica a posibilidade dun pacto a catro que desbanque ao PP trala perda da maioría absoluta.

Manuel Baltar finalmente quedou a poucos máis de 800 votos de conseguir a maioría absoluta na Deputación de Ourense. Así que agora toca negociar coas outras forzas. Abrese a facelo sen vetos.


Unha das opcións sería o apoio ou a abstención de Ciudadanos que a dìa de hoxe non confirman.

Á espera da resposta de Ciudadanos tanto o Partido socialista, como Democracia Ourensana como o BNG amósanse partidarios de chegar a un entendemento para formar un goberno alternativo.