31
O ata o de agora presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, renunciará á acta como edil no concello de Esgos, e desa maneira xa non poderá ser reelixido na Deputación. O anuncio fíxoo público este mércores en conferencia de prensa o candidato do PP por Ourense, Manuel Cabezas, pero, ás 13:11horas Manuel Baltar emitiu un comunicado no que informaba en primeira persoa de que descartou formar parte da que será a próxima corporación provincial. Faio, di, co principal obxectivo de garantir a presidencia da Deputación para o Partido Popular.