Banco Santander anuncia un ERE para suprimir 3.700 empregos e máis de 1.000 oficinas

1 minutes read

Trátase do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que a entidade vai acometer polas duplicidades na rede trala adquisición do Banco Popular e para abordar os retos da transformación dixital.

Así o informaron fontes sindicais trala celebración da segunda reunión do ERE que tivo lugar este martes, na que o banco manifestou a súa intención de suprimir 1.150 oficinas e prescindir de algo máis de 3.700 postos de traballo.

A redución formulada polo banco afectará principalmente a rede comercial e as súas estruturas intermedias de apoio, pero tamén os servizos centrais na medida en que se reduza a rede á que dan soporte.

Fontes sindicais sinalaron que o proceso non se vai iniciar antes de que finalice a integración tecnolóxica entre Santander e Popular, prevista para o próximo mes de xullo. Así, ven probable que o acordo se peche entre maio e xuño para comezar a executarse este outono.