Benxamíns e Alevíns da ADFogar retomaron a liga esta fin de semana en Carballo

1 minutes read

O 20 e 21 de marzo a Piscina Municipal Carballo Calero acolleu a 2ª xornada da Liga Galega Benxamín en horario de sábado á tarde (16 horas) e a 3ª Xornada da Liga Galega Alevín en horario de domingo á mañá (9 horas). Ambas competicións levaronse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Ademáis non se nadaron as tradicionais probas de substitucións por equipos co obxectivo de evitar a aglomeración de nadadores-as que entrarán e sairán da instalación baixo acreditación e de xeito graduado por clubs. Para a xornada de liga benxamín convocouse un equipo composto por 32 nadadores-as, das cales 11 pertencen á categoría feminina e os 21 restantes á masculina, mentres que para a alevín contouse co concurso de 31 nadadores-as, das cales 16 pertencen á categoría feminina e os outros 15 á masculina.