Se as circunstancias sanitarias do momento non o impiden, xa hai data concretada para o que será o primeiro amigable de pretempada entre o Bergantiños F.C. eo Real Club Deportivo da Coruña. A cita está prevista para o sábado 3 de outubro ás 19 horas no campo carballés das Eiroas. Cumpre estar atento a toda a información que se vaia transmitindo desde os clubs, sobre todo para saber si se poderá asistir ao campo ou non, ou en que condicións. De momento todo indica que aínda haberá limitacións que impoñen os protocolos relacionados coa COVID-19. Podería ser unha boa ocasión para visitar a renovada bancada do estadio carballés, disfrutando do fútbol de dous equipos que mesmo poderían compartir categoría na próxima tempada.
23