O alcalde Michael Müller presidiu a cerimonia en Alexanderplatz, Berlín Oriental antes da reunificación: “Queremos que o que sucedeu nese momento volva revivirse, pero tamén o que se desenvolveu desde entón. É certo que nestes 30 anos non sempre tivemos un camiño fácil. Pero hai algo que logramos. Vivimos xuntos en liberdade e en paz”.
Alexanderplatz foi tamén o lugar da maior manifestación que a RDA celebrou, o 4 de novembro de 1989, exactamente hai 30 anos. Os edificios en Alexanderplatz serviron de lenzo a proxeccións de imaxes restrospectivas de 1989. O primeiro día da conmemoración do 30 aniversario da caída do Muro de Berlín tamén estivo marcado por unha cadea de luces de neón ao longo do río Spree, recreando a antiga fronteira entre o leste e o oeste de Berlín. O muro impúxose durante 28 anos antes de que comezase a derrubarse o 9 de novembro de 1989.
36