Berocasión quenta motores para unha nova edición con 15 concesionarios participantes

1 minutes read

O día 1 de agosto pechouse o prazo de inscrición para Berocasión 2023. Este ano, continuando coa tendencia a alza das últimas edicións o evento contará con 15 participantes no formato que en anos anteriores á pandemia se viña celebrando, volvendo o seu emprazamento orixinal na zona do “Rego da Balsa”, tal como acordaron os propios participantes nas distintas reunións que se levaron a cabo. Celebrarase durante os días 25, 26, e 27 de agosto. A organización recaerá en Axober, en colaboración co Concello de Carballo.
Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación… En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación.
A organización fará un importante esforzo na promoción do evento en numerosos medios e soportes, en aras de manter a consolidación dunha das feiras do automóbil máis importantes do país.

As empresas participantes son as seguintes:

  1. CORGAL AUTOMÓVILES – KIA
  2. BALSACAR AUTOMÓVILES
  3. GRUPO BREOGÁN – TOYOTA – LEXUS – PORCHE
  4. JGCAR AUTOMÓVILES
  5. BALEATO MOTOR – RENAULT – DACIA
  6. DIMOLK – PEUGEOT
  7. GARVI AUTOMÓVILES
  8. MIGUELAUTO.ES
  9. BERCAUTO MOTOR – FIAT – ALFA ROMEO – JEEP
  10. VEHÍCULOS JUAN LEMA
  11. REBALCARS AUTOMÓVILES
  12. PENSADO MOTOR – SKODA
  13. V-CAR – HYUNDAI
  14. ANTAMOTOR – NISSAN
  15. VILAS RAMA – CITROEN