Besteiro acusa a Feijóo de trasladar ao Estado «a política porca que practicou en Galicia»

1 minutes read
  • O dirixente socialista cargou, tamén, contra o presidente galego Alfonso Rueda, ao que criticou por que «o seu camiño é a moderación para despois subscribir todo o que se dixo nese congreso do PP en Madrid».

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, cargou este domingo contra o presidente do PP Alberto Núñez Feijóo, nunha entrevista concedida a Radio Nacional de España (RNE),  culpou ao presidente dos populares de emporcar a política do Estado, empregando os mesmos métodos que usou en Galicia.

O líder do PSdG, quen se declarou como unha persoa «tremendamente optimista», manifestou que «o presidente do Goberno», en referencia a Pedro Sánchez, «saíu reforzado da última sesión de control no Congreso dos Deputados, mentres que Núñez Feijóo saíu retratado». «Non ten con quen falar», afirmou Gómez Besteiro, «pero ademais tampouco ten argumentación política para ser merecedor de ser presidente dun Goberno alternativo».

O secretario xeral do socialistas galegos apostou por «seguir sendo implacábeis contra a corrupción, centrar o debate político na axenda progresista do Goberno socialista fronte a unha marea ultra do PP e Vox, e, sobre todo, centrarse nos temas importantes que preocupan aos cidadáns, como a vivenda».