Besteiro comprométese a igualar o poder adquisitivo de galegos e galegas coa media estatal

1 minutes read

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, asumiu este sábado o compromiso de equiparar o poder adquisitivo dos galegos e das galegas coa media estatal. Besteiro participou, xunto coa vicepresidenta Primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, no Foro sobre Modernización e Reindustrialización, que se celebra dentro da Convención Política que organiza o PSOE na Coruña, e que foi moderado polo europarlamentario galego Nicolás González Casares. Besteiro defendeu un goberno galego que actúe como partner do mundo empresarial, que sexa “acompañante activo e dinamizador”, co obxectivo de incrementar o peso relativo do PIB dende o 15 por cento ao 20 por cento que marca Europa. Para iso, explicou, precisa dunha Xunta que supere a falla de política industrial dos últimos 15 anos de gobernos do PP e “deixe de ser obstáculo e comece a ser compañeira dos investimentos” do tecido económico.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?