Besteiro destaca xunto a Pedro Sánchez que ‘Galicia será imparable’ cos socialistas

2 minutes read

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, interveu nun mitin na localidade ourensá de San Cibrao das Viñas ante máis de 1.200 persoas xunto ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ao que dixo directamente que estando o galego na Presidencia da Xunta, e Sánchez na do goberno de España, “Galicia vai ser imparable”.

Besteiro e Sánchez ofreceron un mitin este sábado no que desbordaron o pavillón de Expourense, obrigando a poñer localidades extra no exterior, no que é o primeiro fin de semana de campaña das autonómicas. O candidato do PSdeG comezou o mitin apelando especialmente ás mulleres, porque entende que “a forza das mulleres van ser decisivas as mulleres nos van impulsar ao cambio en Galicia o 18 de febreiro”.

O candidato do PSdeG remarcou que nesta campaña van falar de “cohesión social con pensións e vivenda pública para a xente moza, porque sen cohesión social non hai verdadeira democracia, non hai exercicio dos nosos dereitos, precisamos iso e ambición de país.

Pola súa banda, o presidente do Goberno de España e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, criticou a ausencia de Rueda no debate da cadena Ser e no vindeiro debate de TVE non acudiu ao debate da Ser e non vai acudir ao debate de RTVE. “Para liderar un país como Galicia, hai que merecelo, hai que traballalo, hai que dar a cara e render contas. Esta terra precisa líderes que dean a cara por Galicia, que rendan contas e respecten ao cidadán e cidadá”, engadiu Sánchez.

“Necesitamos líderes que dean a cara por Galicia e por iso pido o voto por José Ramón Gómez Besteiro, se todos e todas votamos, Galicia cambia”, apuntou un Sánchez que falou directamente ás “mulleres galegas”, ás que dixo que “hai moitas papeletas para o cambio, pero a papeleta do PSdeG é a única para gobernar o cambio”, concluíu.