Besteiro e Sánchez chaman á participación para ‘un cambio seguro’ na Xunta o 18-F

1 minutes read

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este domingo unha Galicia “viva e verde” e cun “mar azul cheo de vida”, que estea libre do “gris de Rueda” e as súas mentiras, que demostrou coa xestión da crise dos pélets. Besteiro interveu con Pedro Sánchez na clausura da Convención Política que celebrou o PSOE esta fin de semana na Coruña.

Pola súa banda, o presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, chamou a participar nas eleccións galegas do 18 de febreiro para “un cambio seguro” e situou o seu candidato, Xosé Ramón Gómez Besteiro, como líder fronte ao PP. Sánchez lembrou a aquelas persoas que votaron o pasado 23 de xullo “para frear o goberno de Feijóo con Abascal” e pediu “que tamén se mobilicen o 18 de febreiro e confíen en Xosé Ramón Gómez Besteiro como próximo presidente da Xunta de Galicia”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?