Este sábado e domingo o socialismo galego celebrará a súa Convención Política na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, para pechar as liñas mestras do proxecto político que encabeza José Ramón Gómez Besteiro, o candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia.
Mil persoas deseñan a base do programa electoral socialista en torno a catro eixos: construír unha economía verde ao servizo dos galegos e galegas; recuperar uns servizos públicos que garantan a igualdade de oportunidades; avanzar na cohesión territorial de Galicia e un novo modelo para propiciar a segunda gran transformación do noso país.
Salientan como poñentes destas mesas de debate o reitor en funcións da Universidade da Coruña, Julio Abalde, na de Economía Verde; a exsecretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, na de Cohesión Territorial; o que foi Ministro de Sanidade, José Manuel Miñones, pola de Servizos Públicos; e Nieves Lagares, exdecana da Facultade de CC. Políticas da Universidade de Santiago, na de autogoberno e reforma estatutaria, todos eles profesionais cunha dilatada experiencia e recoñecido prestixio no seus campos.