Besteiro propón un Plan de Choque para reactivar a política de Vivenda

1 minutes read

O candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, propuxo este venres a posta en marcha dun plan de choque co obxectivo de reactivar a política de vivenda logo, afirmou, dunha década perdida polo desleixo e a incompetencia amosadas polo goberno galego. Así o dixo logo dun encontro co presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Luciano Alfaya.

Besteiro propuxo unha batería de medidas, entre elas: acadar unha media de 2.500 vivendas de protección anuais; o desenvolvemento dun Plan efectivo de rehabilitación da vivenda baleira, a elaboración dun mapa galego de vivendas inacabadas que permita coñecer a magnitude do problema; aplicar a Lei de Vivenda delimitando áreas tensionadas que permiten limitar os prezos dos alugueiros nos concellos que os soliciten; axudar á rehabilitación, fundamentalmente no rural, etc.

Adiantou tamén que o programa socialista abrirá unha liña de coordinación cos concellos para limitar os pisos turísticos, así como simplificar a tramitación do Bono Alugueiro Mozo, ou aprobar axudas do 110 por cento para a mellora de eficiencia enerxética nos inmobles.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?