Betanzos e Viaqua acordan poñer en marcha a factura sen papel

1 minutes read

O Concello de Betanzos e a empresa concesionaria da rede de saneamento e agua, Viaqua, asinaron o convenio polo que poñen en marcha o proxecto “Factura sen papel”, unha iniciativa baseada en tres piares fundamentais: facer un servizo socialmente responsable, potenciar a dixitalización do servizo para facilitar as xestións á poboación e coidar da nosa contorna fomentando o aforro de papel no proceso de facturación bimestral. Unha iniciativa da que os veciños e veciñas que o desexen se poderán beneficiar a partir do próximo mes de xuño. Este proxecto, supón un cambio sociocultural moi ligado a situación sanitaria que estamos a vivir, no que tanto o Concello como Viaqua, adáptanse as novas necesidades das persoas usuarias, potenciando os canais non presenciais, reducindo así o risco de contaxio entre a cidadanía e os propios traballadores e traballadoras do servizo.