Betanzos pide á Xunta que rectifique e declare tramo urbano a estrada que pasa por Guiliade

0 minutes read

O goberno local mostrou a súa disconformidade coa decisión da Xunta de non declarar travesía urbán a estrada que une Betanzos con Abegondo ao seu paso por Guiliade. Trátase para o Concello dun tramo netamente urbano, con vivendas por ambas as márxenes, polo que considera que é necesario reducir á velocidade, como mínimo, de 70 km/h a 50 km/ h. De aí a súa petición á Xunta, responsable da estrada. O Concello considera que a contestación da Xunta “ non se axusta a realidade” actual e que é necesario tomar medidas antes de que se produza calqueira desgraza”.