Biden cualifica de «éxito extraordinario» a evacuación en Afganistán

0 minutes read

Fíxoo nun discurso á nación, 24 horas despois de que o último soldado estadounidense se subise ao último avión americano en Cabul. O presidente estadounidense asegurou que había que elixir entre «a retirada ou a escalada militar», tras o acordo alcanzado entre Donald Trump e os talibáns.
Biden dixo que as tropas estadounidenses executaron «unha misión de piedade» e «non de guerra», en Afganistán, coa evacuación de máis de 120.000 persoas. Tamén prometeu sacar de Afganistán a todos os estadounidenses que así o desexen. Trataríase dun centenar de nacionais, segundo o asesor de Seguridade Nacional da Casa Branca.