Blas Cantó representará a España en Eurovisión con “Voy a quedarme”


Blas Cantó representará a España no Festival de Eurovisión que se vai celebrar o vindeiro 22 de maio coa balada “Voy a quedarme”. Cantó foi votado polo 58% dos eurofans que participaron no programa Destino Eurovisión” de La 1. Nesta ocasión non houbo xurado profesional para complementar as votacións do público. A posta en escea do tema correrá a cargo do holandés Marvin Dietmann, o mesmo que se encargou da actuación gañadora de Conchita Wurst en Eurovisión 2014.