A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a deputada do Parlamento de Galicia Rosana Pérez acusan aos gobernos galego, estatal e á Unión Europea de “deixar tirado ao sector pesqueiro” ao non defender os seus intereses nas negociacións sobre o Brexit, xa que co acordo acadado os dereitos de pesca da UE se reducirán nun 25% até xullo de 2026, cando remata o período de transición este 31 de decembro. “Desde 2018 vimos alertando das consecuencias para Galicia da saída do Reino Unido da UE cun acordo que deixa a pesca no último lugar e lamentablemente estanse cumprindo os peores presaxios”, denuncia Miranda. Ademais critica o desleixo das administracións estatal e galega nas negociacións da UE o Reino Unido sobre o Brexit e destaca que o acordo aínda ten que ser ratificado no Parlamento Europeo, polo que anuncia que o BNG introducirá unha iniciativa a través do grupo do que forma parte na Eurocámara, na que se reclamarán compensacións e melloras nas condicións de acceso aos caladoiros.
37