Bo concurso dos atletas da A.D. Fogar nas últimas probas disputadas


Os atletas da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros estiveron á altura dos mellores nos tres últimos frontes competitivos disputados. O pasado sábado Diego Grille acadaba no Campionato Galego Sub20 en pista cuberta celebrado en Ourense, a medalla de bronce na proba dos 400 m.l. cunha mellor marca persoal de 00.52:58, establecendo ademáis o récord absoluto do club nesta distancia. Na proba dos 200 m.l. clasificábase para a final tamén con marca persoal e récord absoluto do club, 00.23:96 cos que remataba na 6ª praza. Os 15 representantes da A.D. Fogar na proba do Circuito Coruña Corre en Pista, celebrada no pazo Municipal dos Deportes de Riazor acadaron un bo lote de novos rexistros en pista cuberta destacando os postos de podio de Pedro Mesejo, 2º nos 200 m.l. absolutos; Yago Núñez, 2º nos 1.000 m.l. sub10-12 e José M. Negreira, 3º no concurso absoluto de atura. E xa para rematar non queremos esquecer tampouco a 7ª praza da infantil de Irene Santomé e o bronce masculino por equipos dos alevíns, Sergio Reino, Yago Núñez, Iago Bello, Abel Antelo, Mateo Añón e Martín Cid, na Final Provincial de Campo A Través Escolar de Mondego do pasado 11 de febreiro.