Acanor Atlco. Novas 23 – Laber Xiria 38 (8-21)
Desprazouse o Laber Xiria a localidade de O Rosal para disputar un dos difíciles compromisos que lle quedaban esta temporada, a concentración e o bo facer dende o primeiro minuto fixeron que o Xiria disputase un encontro cómodo onde se viu unha das mellores versións deste equipo que dentro de tres semanas deberá xogar a Fase que da dereito a sisputa do Campionato de España.
Puxo de inicio o Laber unha defensa 6:0 con especial atención aos pivotes rivais, tras uns axustes defensivos onde o partido transcorría igualado 4-5 o Xiria pechou filas co seu porteiro e secou a faceta anotadora do rival, pegou un estirón no marcador cun 4 a 11 aos poucos minutos e logo mudou a defensa 5:1 que lle permitía recuperar máis balóns e colocarse cun 8 a 21 ao descanso.
Na segunda metade os carballeses levaron o partido a onde querían, evitando golpes e acción fortes para reservarse para vindeiros compromisos, pese a elo amosaron un xogo vistoso de ataque no que o Laber se gustou.
Dúas xornadas para o remate da liga, e o Xiria deberá certificar a vindeira semana a lo menos a cuarta praza diante do Seis do Nadal vigués.