Boqueixón acollerá un curso de lexislación de benestar animal


A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar unha acción de formación profesional e adquisición de competencias en lexislación de benestar animal. O obradoiro darase os días 3 e 17 de setembro, así como o 1 de outubro, no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón. O horario do curso será tanto de mañá, dende as 9:00 ata as 14:00 horas, como de tarde, dende as 16:00 ata as 21:00 h. O programa do obradoiro contén tanto nocións teóricas, que se darán durante os tres días da acción formativa, como prácticas, impartidas na tarde do 1 de outubro. O bloque práctico inclúe unha visita ás instalacións de As Regas S.A.T. e a unha explotación do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude antes de finalizar o curso cun exame.