Boris Johnson anuncia a súa dimisión como primeiro ministro británico

1 minutes read

Boris Johnson anunciou este xoves que dimite e que puxo en marcha o proceso para ser substituído como líder do Partido Conservador británico e, por tanto, como primeiro ministro do Reino Unido. Johnson seguirá sendo primeiro ministro mentres se celebra unha carreira de liderado para elixir o seu sucesor. Tamén declarou que se sente «inmensamente orgulloso» polos logros do seu Goberno, como o Brexit, a crise da pandemia e facer fronte á agresión rusa en Ucraína.

Nas últimas 48 horas dimitiron cinco ministros do seu Goberno, entre eles o de Economía e Sanidade, e 39 cargos ministeriais. O partido conservador pensaba en levar a cabo unha moción de censura interna xa que Johnson negábase aínda así a abandonar o cargo de primeiro ministro.

Coa saída de Johnson, iníciase un proceso interno no Partido Conservador para elixir ao novo líder, que se converterá en primeiro ministro unha vez que sexa recibido pola raíña Isabel II. Espérase que os «tories» teñan a un novo líder antes do congreso anual da formación, que se celebrará do 2 ao 5 de outubro na cidade inglesa de Birmingham.