O Val da Mahía recupera neste 2022 as probas equinas coa celebración do Concurso de Saltos Nacional dúas estrelas e o Concurso Completo de Equitación nunha localización como Rañalonga onde anos atrás celebrábanse as probas da tradicional Festa do Cabalo.
Desde 2013 último ano na que tivo lugar a tradicional festa que chegou a cumprir 31 edicións, Brión quedara orfa de eventos equinos oficiais. A espera poñerá fin o próximo 24 de xuño cando os participantes tanto no concurso de salto como no completo de equitación, volvan competir dentro do evento que vai levar a cabo Concursos Hípicos no Camiño, asociación vinculada a eventos equinos e que xa desenvolveu competicións desta índole en Vedra, Silleda e outras localidades da xeografía galega.
A inscrición para as probas atópase aberta a través da páxina web da Federación Hípica Galega e na actualidade xa supera entre ambas as disciplinas o medio centenar de matriculados. Diego Gómez presidente do concurso: “agora mesmo estamos a traballar duro na montaxe das pistas de competición, nesta ocasión apostamos por unha pista de area de sílice dada a natureza do terreo onde se van a situar, queremos que Brión volva ser un referente no mundo da hípica galega”.
Pola súa banda Javier Masaguer director técnico do concurso indica “O Concello de Brión sempre tivo unha gran tradición cabalar de aí a nosa aposta por traer ata aquí una das nosas probas deste 2022. Desde o consistorio foron todo facilidades para poder poñer en marcha este proxecto no que hai depositadas moitas esperanzas xa non só nesta edición se non en próximas que seguro levarán a cabo. A cita será en Rañalonga os próximos 24,25 e 26 de xuño e ademais de hípica os asistentes poderán gozar dunha ampla oferta gastronómica e concertos.