Bronce júnior de Marta González Rivas no Tríatlon de Pontevedra

1 minutes read

Sete triatletas da A.D. Fogar, Alba Otero e Marta González na categoría júnior feminina, Alberto Tomé na sub23 masculina, Álvaro Elizalde e David Sancho na júnior masculina e Rubén Otero máis Xabier Guitián na xuvenil masculina, participaban na cidade do Lérez no XXI Tríatlon Cidade de Pontevedra; proba puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlon Sprint e clasificatoria para o Campionato Galego desta modalidade. Na categoría absoluta os mellores foron desta volta Marta González, 23ª feminina e Alberto Tomé, 28º masculino. Na categoría de grupos de idade, Marta González acadaba a medalla de bronce júnior, Rubén Otero remataba 6º xuvenil, Alberto Tomé era 11º sub23 e Álvaro Elizalde 12º júnior. Peor sorte correron Alba Otero que foi descualificada e David Sancho e Xabier Guitián que non poideron rematar a proba.