21
Este domingo sete atletas da Ad.Fogar tomaban parte en Pontevedra no XV Campionato Galego Sub16 de Campo A Través; proba na que calaban unha máis que destacada actuación individual e por equipos. A única representante feminina, Irea Alén, acadaba a 4ª praza individual a tan só 6 segundos da medalla de bronce. Na categoría masculina os 6 representantes subían ao 3º caixón do podio para colgarse o bronce por equipos con Anxo Bello 12º, Chema Negreira 15º, Hugo Souto 22º, Berket López 34º, Hugo Martínez 42º e Álvaro Díaz 44º. O podio masculino por equipos completábano o Cedeira que acadaba a medalla de ouro e a Atlética Lucense que se facía coa prata.