24
- Faino en resposta á denuncia presentada polo BNG e as Enfermeiras Eventuais en Loita.
A Comisión Europea, en resposta á Comisión de Peticións da Eurocámara, vén de anunciar que está investigando se existe unha violación da normativa comunitaria pola utilización de sucesivos contratos temporais no sector sanitario. “Que a Comisión de Peticións recoñeza a existencia de abusos na contratación pública que realiza o SERGAS, tal e como denunciaron en Bruxelas as representantes das Enfermeiras Eventuais en Loita hai xusto un ano, supón un tirón de orellas ao modelo de xestión de Feijóo, ao incumprir a normativa comunitaria”, destaca Ana Miranda, representante do BNG en Europa.