Bruxelas prohibe a importación de carbón de Rusia

1 minutes read

Os socios da Unión Europea aprobaron o quinto paquete de sancións contra Rusia pola invasión de ucraína. Bruxelas prohibe a importación de carbón do país. Trátase dunha medida que non foi difícil de tomar polo impacto que poida ter no mercado enerxético, senón por abrir un debate incómodo para algúns socios, cuxa dependencia da enerxía rusa é maior. A resolución saíu adiante no Parlamento Europeo con 513 votos a favor, 22 en contra e 19 abstencións. Outra das medidas votadas foi o veto ás exportacións de alta tecnoloxía e o embargo de armas cara Rusia. Despois de ser aprobadas polos embaixadores dos Estados membros da Unión tras dous días de debate sobre os detalles das mesmas, as sancións entrarán en vigor unha vez sexan publicadas no diario oficial.