Buño contará cun dispositivo especial de limpeza con motivo da Mikaela

1 minutes read

O Concello de Malpica, a través da Concellería de Medioambiente, que dirixe Rodrigo Mato, está a preparar un dispositivo especial de limpeza con motivo da celebración da festa da Mikaela, que terá lugar este sábado 17 de febreiro en Buño. Distribuiranse 30 bidóns aportados pola asociación Amigos da Mikaela e o concello poñerá máis contedores. Así mesmo, o domingo 18 ás 7.30 horas comezará a traballar o servizo municipal de limpeza, reforzado para que a zona quede completamente limpa.

Dende o Concello pregan a todos os asistentes a este evento que respecten ás propiedades privadas e fincas, evitando verter lixo nelas e depositándoo nos contedores ou bidóns. Tamén, que utilicen os baños que estarán distribuídos ao longo do percorrido e no recinto. «Disfrutemos da festa e, ao mesmo tempo, manteñamos Buño o máis limpo posible», propoñía o concelleiro de Medioambiente de Malpica, Rodrigo Mato.