A Asociación SOS Desaparecidos emitiu unha alerta para tratar de atopar a Yago de la Puente Agulló, un mozo de 28 anos que desapareceu no Festival de Ortigueira (A Coruña), concretamente o domingo 14 de xullo.
Segundo fontes oficiais, o mozo mide 1,89 metros, é de complexión grosa, con pelo negro e ollos verdes. Ademais, ten varias tatuaxes.
Varias persoas publicaron esta información nas súas redes sociais, mesmo institucións como o Real Club Deportivo da Coruña, debido a que o desaparecido é sobriño de Jaime Agulló, ex xogador do equipo coruñés.
🚨 #DEPORTIVISTAS, pedímosvos difusión e axuda na busca de Yago de la Puente Agulló, desaparecido o pasado 14 de xullo en Ortigueira e sobriño do noso exxogador Jaime Agulló. Grazas pola vosa colaboración, #anosaforza! pic.twitter.com/aLBDjCDjRQ