36
- Ariadna foi vista por última vez sobre as 8 da tarde
ACTUALIZACIÓN 20:14 H. 18/05/2020: Ariadna foi localizada en bo estado nun comercio de Brión. A familia agradece a colaboración da cidadanía.
Os axentes da Garda Civil difundiron imaxes de Ariadna Ares García, unha menor de 16 anos e veciña do municipio coruñés de Brión que leva desaparecida desde as 8 da tarde deste pasado domingo.
As forzas de seguridade piden a colaboración cidadá para atopar a Ariadna, que mide 1.60 metros e ten o pelo negro.