domingo, 26 abril , 2026

Buscan producir xemelgos humanos virtuais para fins médicos

1 minutes read

O ambicioso proxecto « CompBioMed», do Centro de Excelencia en Biomedicina Computacional e financiado pola Unión Europea, quere crear xemelgos de humanos. Por suposto, non se trata de manipulación xenética senón dunha invención dixital extraordinaria. Cada persoa podería ter o seu dobre virtual para fins médicos, por exemplo simular unha cirurxía para coñecer os riscos e maximizar os beneficios ou simplemente ter un detallado informe de saúde en tempo real.

Esta é a iniciativa de CompBioMed que pdoría ter un profundo impacto na medicina e no coidado dos pacientes nos próximos 15 ou 20 anos. Os seus desarrolladores explican que é un sistema que combina datos específicos de órganos mediante raios X, resonancias magnéticas ou tomografías, xunto con información xenómica e datos adicionais recibidos ao crear o avatar personalizado.

Para dar vida a órganos como o corazón virtual, os científicos desenvolveron numerosos programas e algoritmos especializados. O gran motor deste sistema encóntrase no Centro de Supercomputación Leibniz da Academia Bávara de Ciencias, onde se realizan algunhas das simulacións informáticas máis avanzadas. O Super MUC-NG é o supercomputador máis potente de Alemaña e é a clave deste proxecto europeo.