Intenso derbi o vivido no pabellón do IES Agra de Leborís no cal se enfrontaron dous dos rivais directos polos postos altos da clasifiación. A victoria quedouse na casa tras unha remontada polo conxunto larachés de máis de vinte puntos e curando as feridas da xornada anterior.
Os rapaces de Javier e Sito entraron no partido cunha intensidade defensiva baixa e os carballeses aproveitárono e conseguiron unha vantaxe ao descanso de 19 puntos. Tras o paso polos vestiarios veu a mellor parte do C.B. Laracha que cambiou a súa actitude e intensidade no aspecto defensivo e, punto por punto logrou unha magnífica remontada para levar o partido ao seu favor por tres puntos.
Gran afluencia de espectadores no IES Agra de Leborís que animaron a ámbolos dous equipos.
Na quinta xornada o C. B. Laracha enfrontarase ao outro rival directo, Fundación Culleredo.
17