Caballero chama a Feijóo a “aparcar o conflito” co goberno de España

Caballero_Asime_Cedida.

Gonzalo Caballero reuniuse con representantes do sector naval para escoitar as súas demandas. Di que cómpre aproveitar os fondos europeos para relanzar a actividade en Galicia. Asegura que a pandemia deixa unha das maiores crises das que se teñen vivido en España. Caballero afirmou que a Xunta careceu de política económica e industrial e nun momento no que Feijóo “conta cada día unha receita”. “Un día formula sete grandes proxectos para os fondos europeos e hoxe xa fala de máis de 100 sen que se saiban nin os criterios”. O líder do PSdeG chama a Feijóo a “aparcar o conflito” co goberno de España e subliña que “está amosando a súa inconsistencia” ao decidir agora fortes restricións tras criticar o estado de alarma na primeira vaga da covid.