O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este martes en Vigo e Pontevedra na presentación da candidatura socialista ás vindeiras eleccións xerais pola provincia ao Congreso e ao Senado.
É, como destacou o líder dos socialistas galegos, “unha magnífica candidatura”, que xa acadou “uns resultados históricos” o pasado mes de abril, de xeito que apelou á “mobilización masiva”.
Gonzalo Caballero sinalou que “o único voto útil para o progreso e o avance social é o voto ao Partido Socialista”, fronte ao “varapau” que recibiu o PP o 28 de abril. “Agora fuxe do electorado desta provincia para irse a Madrid porque en Pontevedra, e en Galicia, o PP sabe que está nunha fase de retroceso histórico”, concluíu, en referencia a popular Ana pastor.