Cabana | A entrega de diplomas puxo o punto e final á presente edición do ‘Ruralízate’

1 minutes read

As instalacións da Asociación Íntegro acolleron a entrega de diplomas ás 60 persoas que participaron na presente edición do programa ‘Ruralízate’, promovido pola área de Servizos Sociais do Concello de Cabana.

A presente edición do programa, iniciada o pasado mes de setembro, contou cunha oferta de cinco actividades diferentes nas que se incluían propostas como manualidades, arranxos florais, risoterapia, restauración e arranxos de Nadal.

Desde o departamento de Servizos Sociais amosan a súa satisfacción pola boa acollida dunha iniciativa ‘posta en marcha coa finalidade de dinamizar a actividade por todo o municipio a través de propostas para todos os gustos”.