Cabana aposta pola cultura como integración coa obra ‘Tentaciones’

0 minutes read
  • A función, que contou con actores con e sen discapacidade, representouse este mércores no auditorio municipal

O auditorio municipal de Cabana foi escenario este mércores da representación da obra Tentaciones, da compañía de Blanca Marsillach. O evento, organizado pola asociación Íntegro en colaboración do Concello de Cabana, contou cun elenco actoral integrado por intérpretes profesionais con e sen discapacidade, apostando pola cultura como un elemento de integración.