Cabana | Capturadas máis de 1.600 raíñas de velutina en dous meses de campaña

1 minutes read
  • Aínda quedan 40 trampas dispoñibles para a veciñanza

Este venres o Concello de Cabana rexistrou un total de 1686 raíñas de avespa velutina capturadas tras dous meses do inicio da campaña municipal de trampeo desta especie invasora.

A Administración local instalou 80 dispositivos en zonas comúns (colexios, xardíns, igrexas e o paseo marítimo) e tamén se repartiron trampas entre a veciñanza que, como novidade, este ano contan cun sistema de xeolocalización para comprobar a súa situación a través dunha aplicación móbil.

Aínda quedan 40 trampas dispoñibles polo que os interesados que desexen un dispositivo de captura e líquido atraínte teñen que completar a seguinte solicitude. Será obrigatorio informar do número de raíñas capturadas cada 15 días.