Estará marcada por unha variada proposta de actividades que se desenvolverán entre o 1 de xullo e o 29 de agosto con propostas pensadas para todos os públicos.
A programación arranca o xoves 4 de xullo cunha visita guiada nocturna ao Dolmen de Dombate e un espectáculo de Fran Rei, Superheroe, na Praza do Pendón ás 20:00 horas. O sábado 5 terá lugar a primeira das visitas teatralizadas No tempo das pedras cos Quinquilláns no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate, con dous pases pola mañá. O domingo 6, proxectarase ao aire libre a película ¡Momias! na Praza de Neaño ás 22:15 horas.
O xoves 11 de xullo, terá lugar, desde as 20:00 horas, o espectáculo Sempre arriba tamén na Praza do Pendón, seguido ese mesmo día pola noite, dun Concerto con encanto a cargo de Carmela no Dolmen de Dombate ás 22:30 horas. O sábado 12, o Castro Animado converterá a Cidá de Borneiro nun espazo de recreación histórica e música tradicional, con xogos populares, gastronomía, foliada e espectáculo aéreo. Esa mesma mañá haberá unha nova sesión da visita teatralizada en Dombate.
O xoves, 17 de xullo, Xabier Díaz protagonizará un Concerto con Encanto ás 22:30 horas, e un día despois, o venres 18 de xullo, celebrarase unha nova visita guiada nocturna no Dolmen e a actuación da Banda de Música Eduardo Pondal, dentro da Romaría do Carme do Briño en Borneiro. O sábado 19, continuará a actividade no Dolmen coa visita teatralizada e desenvolverase a Romaría de Santa Mariña do Remuíño en Corcoesto co grupo de gaitas Maruxía.
O xoves 17 de xullo, Xabier Díaz ofrecerá un concerto no Dolmen ás 22:30, e o venres 1 de agosto haberá outra visita guiada nocturna. O sábado 2 volverán as visitas teatralizadas, e o venres 8, a programación inclúe o concerto de Copos de Avena no Dolmen de Dombate, ás 22:30, e o espectáculo Tavole de Zirko Txosko na Praza do Pendón, ás 20:00 horas.
O sábado 9 de agosto, celebrarase a XVI edición da Tarde-noite no Medievo en Riobó, cun pregón, pitanza, música tradicional e espectáculos ata o fin de festa. O domingo 10 terá lugar unha master class de zanfona con Víctor Soto e Hugo Franco no Dolmen, e o mércores 13, a Ruta das Estrelas, unha camiñada polos montes de Borneiro guiada polo físico Jorge Mira.
O venres 15, nova visita guiada nocturna, e o sábado 16, outra sesión teatralizada no Dolmen. O venres 22, a Praza do Pendón acollerá o espectáculo Superharte de Patty Diphusa, seguido do concerto de Alana no Dolmen, ás 20:00 e ás 22:30 horas, respectivamente.
O venres 23 e sábado 30, haberá dúas novas edicións das visitas teatralizadas en Dombate, e o venres 29, a Praza do Lodeiro en Cunduas acollerá a actuación da Charanga Santa Compaña, poñendo fin a un verán cheo de cultura.
Durante todo o verán tamén se poderá visitar a exposición A paisaxe atlántica e a mostra da artista Mónica Coto no Dolmen de Dombate. Así mesmo, desenvolveranse programas de conciliación infantil como o Programa Meniñeiro, o Campamento Dixital na Biblioteca Municipal María Baña, e actividades guiadas no Dolmen de Dombate, tanto diúrnas como nocturnas, entre o 1 de xullo e o 15 de setembro.
O Concello de Cabana fai un convite á veciñanza e visitantes a desfrutar desta ampla oferta cultural, que conxuga tradición, patrimonio, música, teatro e actividades para todas as idades, convertendo ao municipio nun referente do verán na Costa da Morte.